Que son as cookies?

En inglés, o termo “cookie” significa galleta, pero no ámbito da navegación web, unha “cookie” é algo completamente distinto. Cando accede ao noso Sitio Web, no navegador do seu dispositivo almacénase unha pequena cantidade de texto que se denomina “cookie”. Este texto contén información variada sobre a súa navegación, hábitos, preferencias, personalizacións de contidos, etc.

Existen outras tecnoloxías que funcionan de xeito semellante e que tamén se usan para recompilar datos sobre a súa actividade de navegación. Chamaremos “cookies” a todas estas tecnoloxías no seu conxunto.

Os usos concretos que facemos destas tecnoloxías descríbense no presente documento.

Para que se utilizan as cookies nesta web?

As cookies son unha parte esencial de como funciona o Sitio Web. O obxectivo principal das nosas cookies é mellorar a súa experiencia de navegación. Por exemplo, para lembrar as súas preferencias (idioma, país, etc.) durante a navegación e en futuras visitas. A información recollida nas cookies permítenos ademais mellorar a web, adaptala aos seus intereses como usuario, acelerar as buscas que realice, etc.

Nalgúns casos, se obtivemos o seu consentimento informado previo, poderemos utilizar cookies para outros usos, como por exemplo obter información que nos permita amosarlle publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación.

Para que NON se utilizan as cookies nesta web?

Nas cookies que utilizamos non se almacena información sensible de identificación persoal como o seu nome, dirección, contrasinal, etc.

Quen utiliza a información almacenada nas cookies?

A información almacenada nas cookies do noso Sitio Web é utilizada exclusivamente por nós, agás aquelas identificadas máis adiante como “cookies de terceiros”, que son utilizadas e xestionadas por entidades externas que nos fornecen servizos que melloran a experiencia do usuario. Por exemplo, as estatísticas que se recollen sobre o número de visitas, o contido que máis gusta, etc., adoita xestionalas Google Analytics.

As cookies de terceiros tamén se utilizan habitualmente para garantir as operacións de pago realizadas a través do Sitio Web.

Como pode evitar o uso de cookies neste Sitio Web?

Se prefire evitar o uso das cookies, pode REXEITAR o seu uso ou pode CONFIGURAR cales quere evitar e cales permite utilizar (neste documento dámoslle información ampliada respecto de cada tipo de cookie, a súa finalidade, destinatario, temporalidade, etc.).

Se xa as aceptou, non lle volveremos preguntar a menos que borre as cookies no seu dispositivo segundo se indica no apartado seguinte. Se quere revogar o consentimento terá que eliminar as cookies e volver a configuralas.

Como deshabilitar e eliminar o uso de cookies?

Para restrinxir, bloquear ou borrar as cookies deste Sitio Web (e as utilizadas por terceiros) pode facelo en calquera momento, modificando a configuración do seu navegador. Teña en conta que esta configuración é diferente en cada navegador.

Nos seguintes enlaces atopará instrucións para habilitar ou deshabilitar as cookies nos navegadores máis comúns:

  • Firefox
  • Google Chrome
  • Internet Explorer
  • Microsoft Edge
  • Safari

Que tipos de cookies se utilizan nesta páxina web?

Cada páxina web utiliza as súas propias cookies. Na nosa web utilizamos as que se indican a continuación:

Segundo a entidade que as xestiona

Cookies propias:
Son aquelas que se envían ao equipo terminal do Usuario desde un equipo ou dominio xestionado polo propio editor e desde o que se presta o servizo solicitado polo Usuario.

Cookies de terceiros:
Son aquelas que se envían ao equipo terminal do Usuario desde un equipo ou dominio que non é xestionado polo editor, senón por outra entidade que trata os datos obtidos a través das cookies.

No caso de que as cookies sexan servidas desde un equipo ou dominio xestionado polo propio editor, pero a información recollida mediante estas sexa xestionada por un terceiro, non poden considerarse como cookies propias se o terceiro as utiliza para as súas propias finalidades (por exemplo, a mellora dos servizos que presta ou a prestación de servizos publicitarios a favor doutras entidades).

Segundo a súa finalidade

Cookies técnicas:
Son aquelas necesarias para a navegación e o bo funcionamento do noso Sitio Web, como por exemplo controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, lembrar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, xestionar o pago, controlar a fraude vinculada á seguridade do servizo, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, contar visitas para efectos da facturación de licenzas do software co que funciona o servizo do Sitio Web, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son, habilitar contidos dinámicos (por exemplo, animación de carga dun texto ou imaxe) ou compartir contidos a través de redes sociais.

Cookies de análise:
Permiten cuantificar o número de usuarios e así realizar a medición e análise estatística da utilización que fan os usuarios do Sitio Web. Para iso analízase a súa navegación no noso Sitio Web co fin de mellorar a oferta de produtos ou servizos que lle ofrecemos.

Cookies de preferencias ou personalización:
Son aquelas que permiten lembrar información para que o Usuario acceda ao servizo con determinadas características que poden diferenciar a súa experiencia da doutros usuarios, como, por exemplo, o idioma, o número de resultados a amosar cando o Usuario realiza unha busca, o aspecto ou contido do servizo en función do tipo de navegador a través do cal o Usuario accede ao servizo ou da rexión desde a que accede ao servizo, etc.

Segundo o prazo de tempo que permanecen activadas

Cookies de sesión:
Son aquelas deseñadas para recoller e almacenar datos mentres o Usuario accede a unha páxina web.

Adoitan empregarse para almacenar información que só interesa conservar para a prestación do servizo solicitado polo Usuario nunha soa ocasión (por exemplo, unha lista de produtos adquiridos) e desaparecen ao rematar a sesión.

Cookies persistentes:
Son aquelas nas que os datos seguen almacenados no terminal e poden ser accedidos e tratados durante un período definido polo responsable da cookie, que pode ir duns minutos a varios anos. A este respecto debe valorarse especificamente se é necesaria a utilización de cookies persistentes, posto que os riscos para a privacidade poderían reducirse mediante a utilización de cookies de sesión. En todo caso, cando se instalen cookies persistentes, recoméndase reducir ao mínimo necesario a súa duración temporal atendendo á finalidade do seu uso. Para estes efectos, o Dictame 4/2012 do GT29 indicou que para que unha cookie poida estar exenta da obriga de consentimento informado, a súa caducidade debe estar relacionada coa súa finalidade. Debido a isto, é moito máis probable que se consideren exceptuadas as cookies de sesión ca as persistentes.

Scroll ao inicio
favicon ocionautas
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.